Aikido

Aikido
Nikyo omote
Información xeral
FocoAiki
Lugar de orixe Xapón
CreadorMorihei Ueshiba

Aikido (en xaponés: 合気道, Aikidō) é unha arte marcial xaponesa desenvolvida por Morihei Ueshiba, coñecido entre os aikidokas como O-sensei (翁先生, "gran mestre"), e que é o resultado dos seus estudos sobre practicas marciais, filosofía e crenzas relixiosas. A súa denominación pode ser traducida como "o camiño para unificarse coa enerxía vital" ou como "o camiño da harmonía espiritual". O obxectivo do creador era formular unha forma de arte que os practicantes poderían utilizar para defenderse mentres protexen o eventual atacante del mesmo, da súa actitude agresiva.[1]

O Aikido é adestrado por medio de formas estándar de exercicios coa combinación de movementos de ataque e defensa, nos cales busca redireccionar a forza do opoñente, en vez de oporse ou combatela directamente. Nese tipo de abordaxe do golpe non hai a necesidade de moita forza física, pois o practicante simplemente conduce o impulso do atacante para lonxe de si, de modo que esa enerxía sexa usada contra o propio atacante, despois, os movementos son terminados con outras técnicas, de derrubamentos, luxacións e inmobilizacións.

A arte foi desenvolvida entre os anos 1930 e 1960. Gran parte do conxunto de técnicas do aikido deriva da vetusta escola samurai estilo Daito-ryu, co sensei Sokaku Takeda, ao cal incorporou técnicas do Kenjutsu (técnica da espada) e do Jojutsu (técnica do caxato curto). En torno de 1920, o aikido apartouse dese estilo, en parte debido ao envolvemento do creador coa relixión Omoto-kyo. Por outro lado, a pesar da orixe guerreira, o carácter distintivo reside do modo preciso de non se opor ao adversario, mais antes diso envolvelo e utilizar da súa propia agresividade e enerxía. É unha arte orientada á defensa e difícil de e require anos de práctica conseguir defenderse a partir das súas técnicas que se basean en movemento fluídos e circulares, que é unha herdanza doutra escola de artes marciais, a Kito-ryu, que tiña principios de elegancia e pacifismo moi fortes. Os aikidokas afirman que o aikido é unha vía que ensina a establecer a harmonía cun mesmo e cos demais.[2][3]

Conforme o nome da arte suxire, toda súa práctica está intimamente relacionada ao concepto do ki, unha enerxía natural que flúe no corpo humano: o aikido extrapola e fai do control do ki o seu máis importante principio, iso máis claro no estudo do concepto aiki (relacionado ao kiai), que ten estado presente nas máis diversas disciplinas orientais, o cal pretende resolver unha deficiencia non polo choque mais pola concordia. Outro atributo desta arte é seu aprecio ao desenvolvemento espiritual, que é herdanza dun dos mentores de Ueshiba, o monxe Onisaburo Deguchi, líder da seita Omoto-kyo, no Xapón, a quen, despois dun encontro fortuíto, pasou a seguir e ser gardacostas.[4][5]

Tras varias décadas, a unidade da arte marcial mantívose case intacta, permanecendo so a condución dos seus sucesores naturais, Kisshomaru Ueshiba (1921-1999) e Moriteru Ueshiba (1951). Porén, isto non impediu que outras entidades xurdisen, cada cal cunha proposta e unha obrigación particular sobre a modalidade. Ó practicante realmente comprometido, resta a consciencia da súa orixe. Alumnos máis graduados de Ueshiba posúen distintos enfoques sobre o Aikido, dependendo parcialmente do momento da súa aprendizaxe co mestre. Hoxe en día, pode ser encontrado en todo o mundo en varios estilos, con amplas interpretacións e inclusive engadiron a hipótese de haber competición, o que sempre foi rexeitado polo creador. No entanto, todos eles posúen o coñecemento adquirido a partir de Ueshiba en que a preocupación co benestar do opoñente debe ser considerada.[6]

  1. "Geschichte des Aikido" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  2. Beijing Aikikai (ed.). "About Aikido" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  3. "Onisaburo Deguchi - Omoto Kyo Religious Leader" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2014. 
  4. Lutas e artes marciais (ed.). "História do Aikido" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2014. 
  5. Shioda, Gōzō. Mediteranee (Kondansha), ed. Aikido dinamico: tecniche di base e applicazioni pratiche (en italiano). Roma. p. 11. 
  6. Jill Smi. "Aikido e suoi vari stili" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2015. Consultado o 27 de marzo de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in