Alasca

Modelo:Xeografía políticaAlasca
State of Alaska (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoAlaska's Flag (pt) Traducir (1955) Editar o valor em Wikidata

Lema«North to the Future» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialLagopus lagopus (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeThe Last Frontier Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 64°N 150°O / 64, -150Coordenadas: 64°N 150°O / 64, -150
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Exclave deEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalJuneau Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación733.391 (2020) Editar o valor em Wikidata (0,43 hab./km²)
Número de fogares255.173 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa
Língua tlingit (pt) Traducir
Lingua inupiaq
Linguas iupik
Lingua alutiiq
Lingua aleutiana
Língua dena’ina (pt) Traducir
Língua deg xinaq (pt) Traducir
Língua holikachuk (pt) Traducir
Língua koyukon (pt) Traducir
Língua kolchan (pt) Traducir
Língua gwich’in (pt) Traducir
Tanana (en) Traducir
Língua tanacross (pt) Traducir
Lingua hän
Lingua ahtna
Lingua eyak
Lingua haida
Tsimshian (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.717.856 km² Editar o valor em Wikidata
Auga14,24 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Altitude580 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoDenali (6.190 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Ártico Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 3 de xaneiro de 1959:  causado por An Act to provide for the admission of the State of Alaska into the Union Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Alaska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataMike Dunleavy (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCortes de Alasca , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialAlaska Supreme Court (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-AK Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1785533 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalaska.gov Editar o valor em Wikidata
BNE: XX450679

Alasca[1][2][3][4] (en inglésAlaska[əˈlæskə] (AFI)En-us-Alaska.ogg escoitar, en aleutiano, Alax̂sxax̂; en inupiaq, Alaasikaq; en alutiiq, Alas'kaaq; en iupik, Alaskaq; en tlingit, Anáaski;) é o Estado con máis superficie dos Estados Unidos de América situado na parte noroccidental do continente, limitando por terra só co Canadá (ó leste), e por mar co océano Pacífico (sur), océano Glacial Ártico (norte) e a confluencia de ambos os dous no estreito de Bering (oeste). A súa capital é Anchorage.

Comprado ó imperio ruso en 1867 por 7 millóns de dólares, é o territorio estadounidense con menor densidade de poboación de 0,42 hab/km², sendo o cuarto con menor poboación, tras Wyoming, Dacota do Norte e Vermont.[5] É maior que os estados americanos de Texas, California e Montana xuntos (respectivamente o segundo, o terceiro e o cuarto máis extensos).

Estados Unidos tratou durante as primeiras décadas do século xx de mellorar as comunicacións (por exemplo de conectar Alasca co resto dos Estados Unidos por ferrocarril), e promover a colonización do val de Matanuska. Mais a segunda guerra mundial e as batallas navais nas illas Aleutianas co Xapón trocaron a política dos Estados Unidos nos asuntos de Alasca. Así, en 1942, construíuse en meses unha estrada de comunicación (a Autoestrada Alcan) para garantir a defensa do territorio de Alasca, á vez que estableceron novas bases militares e se promoveron asentamentos civís. O final da guerra mundial e o comezo da guerra fría aceleraron a necesidade de integrar este territorio á Unión. Así, en 1959, Alasca foi á fin aceptado como 49° estado dos Estados Unidos de América.

O descubrimento de grandes depósitos petrolíferos permitiron un enorme crecemento económico en Alasca durante as últimas décadas, a pesar do illamento xeográfico e ás duras condicións de vida. A maior fazaña do seu desenvolvemento foi a construción, a partir de 1974, do Trans-Alaska Pipeline, un oleoduto de 1.269 km que une a Baía de Prudhoe co porto de Valdez. Mais tamén o petróleo foi orixe de certos desastres, como o accidente ocorrido en 1989 do petroleiro Exxon Valdez, que encallou nas augas de Alasca e provocou unha marea negra, que foi cualificada como un dos maiores desastres ecolóxicos da historia.

  1. «Rochosas, montañas». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1821. ISBN 9788482893600. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. 
  5. "United States by States - GCT-T1-R. Population Estimates (geographies ranked by estimate)". United States Census Bureau, Population Division. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 2010-06-02. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy