Alcohol

Alcohol
Representación en 3-D. osíxeno vermello, carbono gris e hidróxeno branco.
Representación en 3-D.
osíxeno vermello, carbono gris e hidróxeno branco.
O etanol (CH3-CH2-OH) é un composto característico das bebidas alcohólicas. Pero o etanol é só un integrante da ampla familia dos alcohois.
Modelo do grupo funcional hidroxilo (-OH) nunha molécula de alcohol. Os tres R representan carbonos substituíntes ou átomos de hidróxeno.

O alcohol[1] ou alcol[2] (do árabe al-khwl الكحول, ou al-ghawl الغول, ‘o espírito’, ‘toda substancia pulverizada’, ‘líquido destilado’) refírese case sempre ao etanol, e por extensión a calquera bebida que conteña etanol (bebida alcohólica). En química, alcohol é un termo máis xeral, aplicado a calquera compoñente orgánico no cal un dos carbóns está ligado a un grupo hidroxilo (-OH) substituíndo a un átomo de hidróxeno. A fórmula xeral é CnH2n+1OH. Ademais este carbono debe estar saturado, é dicir, debe ter só ligazóns simples a sendos átomos;[3] isto diferenza ós alcohois dos fenois.

Se conteñen varios grupos hidroxilos denomínanse polialcois. Os polialcois son substancias cuxa estrutura consiste nunha cadea carbonada cun grupo OH sobre cada un dos carbonos. Os polialcois máis importantes de interese alimentario son os obtidos pola redución do grupo aldehido ou cetona dun monosacárido, ou pola redución do grupo carbonilo libre, se o ten, dun oligosacárido. Esta redución levase a cabo a escala industrial con hidróxeno en presenza de níquel como catalizador. No caso dos obtidos a partir de disacáridos, os polialcois tamén teñen o anel pechado dun dos monosacáridos, pero co grupo carbonilo en forma non redutora.

En función do número de átomos de hidróxeno substituídos no átomo de carbono ó que se atopa ligado o grupo hidroxilo, os alcois poden ser primarios (R–CH2-OH, onde R pode ser un grupo carbonado alquilo ou, no caso do metanol, outro H[4]) (grupo hidróxido situado nun carbono que á súa vez está enlazado a un só carbono), secundarios (R2–CH-OH, onde R é un grupo alquilo) (grupo hidróxido situado nun carbono que á súa vez está enlazado a dous carbonos) ou terciarios (R3–C-OH, onde R indica un grupo alquilo) (grupo hidróxido situado nun carbono que á súa vez está enlazado a tres carbonos).[5][6][7]

Os alcois forman unha ampla clase de diversos compostos: son moi comúns na natureza e a miúdo teñen funcións importantes nos organismos. Os alcois son compostos que poden chegar a desempeñar un papel importante na síntese orgánica, ao ter unha serie de propiedades químicas únicas. Na sociedade humana, os alcois son produtos comerciais con numerosas aplicacións, tanto na industria como nas actividades cotiás; o etanol, un alcol, contéñeno numerosas bebidas.[8]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcohol.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcol.
  3. Unión Internacional de Química Pura e Aplicada. Compendium of Chemical Terminology.  (en inglés)
  4. CHEBI primary alcohol
  5. Chemistry - Libre texts - Structure and clasification of alcohols
  6. "An introduction to alcohols". Consultado o 2007-11-22. 
  7. Albert S. Tarendash (2001). Let's review: chemistry, the physical setting. Boston, Mass: Barron's. p. 161. ISBN 0-7641-1664-9. 
  8. Figuero, E; Carretero, M; Cerero, R; Esparza, G; Moreno, L (2004). "Efectos del consumo de alcohol etílico en la cavidad oral: Relación con el cáncer oral". Medicina y Patología Oral (PDF) 9. p. 14. ISSN 1137-2834. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy