Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Friedrich Wilhelm Heinrich Alexander Freiherr von Humboldt ( escoitar (axuda · info), máis coñecido como Alexander von Humboldt, nado o 14 de setembro de 1769 en Berlín e finado o 6 de maio de 1859 na mesma cidade, foi un naturalista e explorador alemán, e o irmán máis novo do ministro e lingüista prusiano Wilhelm von Humboldt.
Alexander von Humboldt foi un intelectual e naturalista dunha polivalencia tal que, desde a súa morte, nunca máis se observou, e visto como a ciencia se desenvolveu e especializou, dificilmente se verá nunca máis. Desenvolveu (e especializouse en) diversas áreas: foi etnógrafo, antropólogo, físico, xeógrafo, xeólogo, mineraloxista, botánico, vulcanólogo e humanista, e sentou as bases de moi diferentes ciencias como a Xeografía, Xeoloxía, Climatoloxía e Oceanografía. A pesar de investigar temas diversos nos seus mínimos detalles, sempre o fixo cunha visión xeral e imparcial.