Alfa Romeo | |
---|---|
Cuore Sportivo | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 24 de xuño de 1910 EN Milán, Italia |
Matriz | Stellantis |
Localización | Turín, Italia |
Fundador | Alexandre Darracq Ugo Stella Nicola Romeo |
Persoas clave | Jean-Philippe Imparato (CEO) |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Na rede | |
https://www.alfaromeo.com, https://www.alfaromeousa.com/, https://www.alfaromeo.co.uk/ e https://www.alfaromeo.com.tr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alfa Romeo Automobiles S.p.A. é un fabricante de vehículos premium italiano e desde 2021 é unha filial de Stellantis. A compañía fundouse o 24 de xuño de 1910 en Milán, Italia. "Alfa" é un acrónimo do seu nome fundador, "Anonima Lombarda Fabbrica Automobili". Na fase inicial de montaxe, para ter un edificio para producir coches, a empresa comprou o Edificio da fábrica de Portello de Darracq en Milán, que estaba a pechar e vendía todos os seus activos.[1] A marca é coñecida polos vehículos orientados ao deporte e leva participando nas carreiras de automóbiles desde 1911.
O primeiro coche producido pola compañía foi o 1910 24 HP, deseñado por Giuseppe Merosi. A.L.F.A. aventurouse nas carreiras de motor, cos pilotos Franchini e Ronzoni competindo na Targa Florio de 1911 con dous modelos de 24 CV. En agosto de 1915, a compañía quedou baixo a dirección do empresario napolitano Nicola Romeo, que converteu a fábrica para producir material militar para os esforzos da guerra italianos e aliados. En 1920, o nome da compañía cambiouse por Alfa Romeo, o Torpedo 20-30 HP foi o primeiro coche en levar dita insignia.
En 1921, a Banca Italiana di Sconto, que apoiaba o Ing. Nicola Romeo & Co, crebou e o goberno precisou apoiar ás empresas industriais implicadas, nas que estaba Alfa Romeo, a través do "Consorzio per Sovvenzioni sui Valori Industriali". En 1925, as actividades ferroviarias separáronse da compañía Romeo e en 1928 Nicola Romeo marchou. En 1933, a propiedade estatal reorganizouse baixo a bandeira da organización industrial estatal italiana Istituto per la Ricostruzione Industriale (IRI), que entón tiña un control efectivo. A compañía loitou por volver á rendibilidade despois da segunda guerra mundial e recorreu a vehículos pequenos de produción masiva no canto de construír a man modelos de luxo. En 1954 desenvolveu o motor Alfa Romeo Twin Cam, que permanecería en produción ata 1994. O Istituto per la Ricostruzione (IRI), o conglomerado estatal que controla Finmeccanica vendeu a marca ao grupo Fiat en 1986 debido a que a marca non era rendible..[2]
Alfa Romeo competiu con éxito en carreiras de Gran Premio, Fórmula 1, automóbiles deportivos, carreiras de turismos e rallys. Competiu tanto como construtor como fornecedor de motores, mediante entradas de fábrica (normalmente baixo o nome Alfa Corse ou Autodelta) e entradas privadas. O primeiro coche de carreiras fabricouse en 1913, tres anos despois da fundación da compañía, e Alfa Romeo gañou o campionato mundial inaugural de coches de Gran Premio en 1925. As vitorias nas carreiras deron unha imaxe deportiva á marca e Enzo Ferrari fundou o equipo de carreiras da Scuderia Ferrari en 1929 como un equipo de carreiras de Alfa Romeo, antes de independizarse en 1939. E que obtivo o maior número de triunfos do mundo.[3]
Os automóbiles Alfa sempre foron moi famosos polo seu elegante deseño e as súas prestacións, sobre todo nos segmentos de Gran Turismo e Deportivos. A pesar de todo a compañía non se viu libre de problemas financeiros en diversas épocas, tendo que incorporarse finalmente no ano 1987 ao todopoderoso grupo turinés da FIAT, como xa o fixeran outras marcas históricas italianas, Ferrari, Maserati ou Lancia.
|title=
e |título=
redundantes (Axuda); |archive-url=
e |urlarquivo=
redundantes (Axuda); |archive-date=
e |dataarquivo=
redundantes (Axuda); |access-date=
e |data-acceso=
redundantes (Axuda)