Algas vermellas

Algas vermellas
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Filo: Rhodophyta
Wettstein, 1922
Clase

A división ou filo Rhodophyta integra o que coñecemos vulgarmente coma algas vermellas. Probabelmente constitúen un dos grupos de algas eucariotas máis antigos. Semella que teñen moitas características comúns coa división Glaucophyta. Son un grupo homoxéneo, xa que só contén unha clase sistemática, Rhodophyceae, e que conta con aproximadamente unhas 5.000 especies de auga mariña na súa meirande parte. As especies dulceacuícolas adoitan atoparse en ambientes lóticos. A maioría das rodofíceas son pluricelulares, e só coñecemos uns once xéneros unicelulares.

Os principais pigmentos fotosintéticos son a clorofila a e d, e ás veces incluso poden presentar clorofila e. O pigmento carotenoide por excelencia é a zeaxantina. Mais os pigmentos característicos deste grupo botánico constitúeno as chamadas ficobiliproteínas, que forma parte dos ficobilisomas. Como substancia de reerva empregan o floridósido, e a longo prazo acábano por transformar nunha substancia amilácea chamada amidón de florídeas.

Neste grupo atópanse a maioría das algas que secretan carbonato de calcio e cumpren un rol maior na formación dos arrecifes de coral. Algunhas algas vermellas, por exemplo a dulse ou o nori, son empregadas como alimento e para producir agar, carraxenanos e outros aditivos alimenticios.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy