Alimento

Mesa posta con carne vermella, pan, pasta, verduras, froita, peixe e xudías
Xogo de mesa con carnes vermellas, pan, pasta, verduras, froitas, peixe e feixóns.
O pan, considerado como alimento por excelencia

O alimento[1] é calquera substancia consumida para proporcionar apoio nutricional a un ser vivo.[2] Os alimentos adoitan ser de orixe vexetal, animal ou fúngico e conteñen nutrientes esenciais, como carbohidratos, graxas, proteínas, vitaminas ou minerais. A substancia é inxerida por un organismo e asimilada polas células do organismo para proporcionar enerxía, manter a vida. As diferentes especies de animais teñen diferentes comportamentos de alimentación as necesidades dos seus metabolismos únicos, a miúdo evolucionados para encher un nicho ecolóxico específico dentro de contextos xeográficos específicos.

Ademais dos fins nutricionais, a alimentación humana asóciase a aspectos sociais e culturais, de saúde e psicolóxicos. Así, por exemplo, as bebidas alcohólicas na alimentación humana non teñen interese nutricional, pero si teñen un interese fruitivo. Por iso, son consideradas alimento. Pola contra, non se consideran alimentos as substancias que non se inxeren ou que, unha vez inxeridas, alteran as funcións metabólicas do organismo. Desta maneira, a goma de mascar, o tabaco, os medicamentos e demais drogas non se consideran alimentos.

Os alimentos conteñen nutrientes e non-nutrientes, como a fibra vexetal, que aínda que non proporcione á humanos materia e enerxía, favorece o funcionamento da dixestión. Os alimentos sanitarios son o obxecto de estudo de diversas disciplinas científicas: a bioloxía, e en especial a ciencia da nutrición, estuda os mecanismos de dixestión e metabolización dos alimentos, así como a eliminación dos refugallos por parte dos organismos; a ecoloxía estuda as cadeas alimentarias; a química dos alimentos analiza a composición dos alimentos e os cambios químicos que experimentan cando se lles aplican procesos tecnolóxicos, e a tecnoloxía dos alimentos que estuda a elaboración, produción e manexo dos produtos alimenticios destinados ao consumo humano, e dalgunhas outras especies dependendo o valor nutritivo e propiedades.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alimento.
  2. "food | Definition & Nutrition". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 8 de outubro do 2024. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in