Alsacia

Modelo:Xeografía políticaAlsacia
Alsace (it)
's Elsàss (gsw-fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°30′N 7°30′L / 48.5, 7.5
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsGran Leste Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadaLingua luxemburguesa
Língua zarfática (pt) Traducir
Alemán do Palatinado
lingua francesa
Lingua alsaciana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie8.280 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.424 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Disolución31 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónOdília da Alsácia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-6AE e FR-A Editar o valor en Wikidata

Facebook: Toutelalsace Twitter: toutelalsace Instagram: toutelalsace Youtube: UCYelTzajPU6WW8xbtGE8Orw BNE: XX450859 Editar o valor en Wikidata

Alsacia[1][2][3] (en alsaciano e alemán: Elsass; en francés: Alsace) é unha rexión cultural e histórica de Francia. Localízase ao leste do país, xunto ás fronteiras alemá e suíza. A súa capital e maior cidade é Estrasburgo.

Dende 1982 até 2016 Alsacia era a rexión administrativa máis pequena de Francia, formada polos departamentos de Baixo Rin e Alto Rin. A reforma territorial aprobada na lexislatura de 2014 levou á fusión da rexión de Alsacia con Champaña-Ardenas e Lorena para formar o Gran Leste.

A rexión foi obxecto de continuos conflitos e disputas entre Francia e as diferentes entidades de Alemaña. Cambiou sucesivamente de soberanía a partir dos períodos que seguiron aos enfrontamentos armados entre ambas nacións e que finalizaron en 1871, 1918 e 1945. O proceso de reconciliación franco-alemá tras o desastre humano, material e moral provocado pola segunda guerra mundial impulsou o nacemento e desenvolvemento dende a segunda metade do século XX da Unión Europea. Isto, xa que logo, converteu a rexión nun símbolo da paz e a unión política do continente. Así, a súa capital acolle as sedes de importantes institucións e organismos internacionais de Europa.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alsaciano.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in