Alto Exipto

Modelo:Xeografía políticaAlto Exipto
Imaxe

Localización
Mapa
 24°06′N 32°42′L / 24.1, 32.7Coordenadas: 24°06′N 32°42′L / 24.1, 32.7
Xeografía
Parte de

Chámase Alto Exipto á zona sur do país, que se estende desde o sur da antiga rexión de Menfis (próxima a O Cairo), ata a primeira catarata do río Nilo (en Asuán). O nome árabe é al-Sa'īd (الصعيد), pero durante a época faraónica chamouse schmau «terra da cebada». Con todo, a rexión do delta do Nilo recibe a denominación de Baixo Exipto.

Durante o período predinástico de Exipto xurdiron dous reinos independentes: o Alto e o Baixo Exipto. Foron reunidos polo faraón Menes, do Alto Exipto, baixo o seu mando, comezando con este acontecemento a historia dinástica de Exipto.

O Alto Exipto tiña unha contorna excepcional: comprendía unha chaira moi fértil grazas aos aluvións do Nilo, e producía excedentes alimenticios. A pouca distancia, no deserto lindeiro, había oasis desde os que se organizaban expedicións aos xacementos mineiros do deserto e ás montañas do Sinaí, para obter metais e pedras preciosas.

Esta riqueza converteu o país nun punto de concentración de rutas comerciais, tanto por terra desde Nubia ao sur e o mar Vermello ao leste, a chamada ruta Uadi Hammamat, comercio que está confirmado polo achado en Abidos de ánforas de viño procedentes de Canaán. Evidentemente, tamén existía a ruta fluvial do Nilo cara ao Delta. Esta riqueza do país reflectíase na dos seus gobernantes, que empregaron parte destas riquezas nas súas tumbas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy