Alto sorabo

Alto sorabo
Hornjoserbšćina
Falado en: Alemaña
Rexións: Lusacia (Saxonia)
Total de falantes: 55.000
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslava occidental
    Sorabo
     Alto sorabo
Status oficial
Lingua oficial de: Rexional en Alemaña (Brandeburgo e Saxonia)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: hsb
ISO 639-3: hsb
SIL: WEN
Mapa

O alto sorabo sinalado en verde claro.
Status

O alto sorabo está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O alto sorabo (hornjoserbšćina) é unha lingua minoritaria de Alemaña, falada na histórica provincia de Alta Lusacia (en sorabo Hornja Łužica), actualmente parte do land de Saxonia. É unha das dúas variantes da lingua soraba, que forma parte das linguas eslavas occidentais, moi similar ao checo.

Segundo datos do Ethnologue, falábano 15.000 persoas no 1996, dunha poboación duns 100.000. Ensínase nas escolas primarias, teñen programas de radio e televisión e moitos libros, como a tradución da Biblia desde 1728.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in