Aluminio

Aluminio
B
 
 
13
Al
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Al
Ga
MagnesioAluminioSilicio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Aluminio
Información xeral
Nome, símbolo, número Aluminio, Al, 13
Serie química Metais do bloque p
Grupo, período, bloque 13, 3, p
Densidade 2698,4 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Prateado
N° CAS {{{CAS}}}
N° EINECS {{{EINECS}}}
Propiedades atómicas
Masa atómica 26,9815385(7)[1] u
Raio medio 125 pm
Raio atómico (calc) 118 pm
Raio covalente 118 pm
Raio de van der Waals pm
Configuración electrónica [Ne]3s23p1
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 3
Estado(s) de oxidación 3
Óxido Anfótero
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 933,47 K
Punto de ebulición 2792 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 293,4 kJ/mol
Entalpía de fusión 10,79 kJ/mol
Presión de vapor
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar 10,00×10-6 m3/mol
Velocidade do son 6400 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,61
Calor específica 900 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 37,7 × 106 S/m
Condutividade térmica 237 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 577,5 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1816,7 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 2744,8 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 11 577 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización 14 842 kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
26Alsint.717 000ε4,00426Mg
27Al100%estable con 14 neutróns
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

O aluminio é un elemento químico de símbolo Al e número atómico 13. O aluminio ten unha densidade inferior á doutros metais comúns; aproximadamente un terzo da do aceiro. Ten unha gran afinidade polo osíxeno, formando unha capa protectora de óxido na superficie cando se expón ao aire. O aluminio parécese visualmente á prata, tanto pola súa cor como pola súa gran capacidade para reflectir a luz. É brando, non magnético e dúctil. Ten un isótopo estable: Al27, que é moi abundante, o que converte ao aluminio no duodécimo elemento máis común do universo. A radioactividade do Al26 úsase na datación radiométrica. O aluminio é demasiado reactivo quimicamente como para que apareza só, polo que se atopa combinado na natureza cuns 270 minerais distintos.

Químicamente, o aluminio é un metal de postransición do grupo do boro; como é habitual no grupo, o aluminio forma compostos principalmente no estado de oxidación +3. O catión Al3+ é pequeno e está moi cargado; como tal, é polarizante, e as ligazóns que forma o aluminio tenden cara á covalencia. A forte afinidade cara ao osíxeno fai que o aluminio se asocie comunmente co osíxeno na natureza en forma de óxidos; Por esta razón, o aluminio atópase principalmente nas rochas da codia terrestre, máis que no manto, onde é o terceiro elemento máis abundante, despois do osíxeno e o silicio e practicamente nunca como metal libre. Obtense industrialmente mediante a extracción de bauxita, unha rocha sedimentaria rica en minerais de aluminio.

O descubrimento do aluminio foi anunciado en 1825 polo físico danés Hans Christian Ørsted. A primeira produción industrial de aluminio foi iniciada polo químico francés Henri Étienne Sainte-Claire Deville en 1856. O aluminio fíxose moito máis accesible ao público co proceso Hall-Héroult desenvolto de forma independente polo enxeñeiro francés Paul Héroult e o enxeñeiro estadounidense Charles Martin Hall en 1886, e a produción masiva de aluminio conduciu ao seu amplo uso na industria e na vida cotiá. Na I e II guerra mundial, o aluminio foi un recurso estratéxico crucial para a aviación. En 1954, o aluminio converteuse no metal non ferroso máis producido no mundo, superando ao cobre. No século XXI, a maior parte do aluminio consumíase en transporte, enxeñería, construción e envasado nos Estados Unidos, Europa Occidental e o Xapón.

A pesar da súa prevalencia no medio ambiente, non se coñece ningún organismo vivo que utilice sales de aluminio para o seu metabolismo, pero o aluminio é ben tolerado por plantas e animais. Dada a abundancia destes sales, a súa posible función biolóxica suscita interese e séguense realizando estudos respecto diso.

A súa lixeireza, condutividade eléctrica, resistencia á corrosión e baixo punto fusión convérteno nun material idóneo para multitude de aplicacións, especialmente en aeronáutica. Así a todo, a elevada cantidade de enerxía necesaria para a súa obtención dificulta a súa maior utilización; dificultade que pode compensarse polo seu baixo custo de reciclado, a súa dilatada vida útil e a estabilidade do seu prezo.

  1. CIAAW

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy