Amaranto

Amaranto
xénero Amaranthus

Amaranthus tricolor
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Caryophyllales
Familia: Amaranthaceae
Subfamilia: Amaranthoideae
Tribo: Amarantheae
Xénero: Amaranthus
L.
Especies

Véxase no texto

Amaranto[1] (do grego ἀμάραντος, que non murcha; lat. Amarantus) é o nome común das especies do xénero Amaranthus, da familia das amarantáceas, a maioría delas plantas ruderais ou arvenses de flores verdosas, aínda que algunhas as teñen de cores variadas que lles dan unha certa vistosidade, polo que se cultivan nos xardíns. Reciben tamén os nomes galegos de beldro, herba pulgueira (non confundir coa especie Polygonum persicaria, chamada normalmente crista ou herba do galo) e herba pexegueira[2].

Existe algo de confusión sobre a súa exacta taxonomía, comprende 386 especies descritas e destas, só 103 son aceptadas.[3]

Os membros deste xénero comparten moitas características e usos cos membros do xénero Celosia, estreitamente emparentado.

O amaranto é moi resistente aos climas fríos e secos, incluso medra en solos pobres e húmidos en zonas moi tropicais e con choivas moi frecuentes (aprox. 980 mm). Ademais ten un alto nivel alimenticio, o que o fai unha excelente alternativa para rexións con dificultades para a sementeira doutro tipo de cereais.

China é un dos maiores produtores de amaranto. As follas desta planta son moi semellantes ás das espinacas. É tradicional o seu uso en receitas culinarias de Asia, América e África.

A especie Amaranthus retroflexus considérase especie invasora en Galiza.[4]

  1. Nome vulgar en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. Nomes vulgares en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  3. Amaranthus en PlantList
  4. Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in