Ameixa (froito)

Ameixas amarelas nunha ameixeira en Lugo

A ameixa ou cirola é o froito da ameixeira (Prunus domestica var. domestica). É unha froita de pela lisa e polpa consistente apegada á carabuña, que contén zume doce. Pódese comer en crua, pero tamén serve para preparar marmeladas ou zumes, ou fermentar para facer viño de ameixa, do que se obtén un brandy, coñecido na Europa do Leste como Slivovitz. É un froito popular en Galiza.

Botanicamente é unha drupa, é dicir, un froito carnoso cunha única semente arrodeada dun endocarpo lígneo (o croio ou carabuña).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy