Amendoeira | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prunus dulcis | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Prunus dulcis (Mill.) D.A.Webb |
A amendoeira (Prunus dulcis) é unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a améndoa.
A amendoeira é unha árbore de entre 6 e 12 metros de altura, de talo liso verde e castaño de novo, pasa a grisallo e lañado de adulto. As follas son simples, lanceoladas, estreitas e remate en punta, de cor verde luminosa e beiras dentadas. A flor, pentámera, preséntase solitaria ou en grupos de 2 a 4, é de cor branca ou rosada. Os froitos en forma de drupa oblonga. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é de boa calidade, emprégase en ebastinaría, típica de climas cálidos, tolera mal o frío
A árbore menciónase na Biblia como orixinaria de Palestina, aínda que semella ser Persia o primeiro lugar onde se cultivou, os xudeus levárona a Exipto e os gregos introducírona en Europa, os árabes espallárona por todo o Mediterráneo. A mediados do século XIX chegou aos Estados Unidos, hoxe o primeiro produtor mundial de améndoas.