Ampere

O ampere ou amperio[1], é a unidade de intensidade de corrente eléctrica, símbolo A, equivalente ó paso de 1 culombio cada segundo:

Defínese como a corrente constante que, mantida entre dous fíos condutores rectos, paralelos, de lonxitude infinita, de sección circular desprezable, afastados entre si, no baleiro, unha distancia dun metro, produce unha forza entre os condutores de 2 x 10-7 N por cada metro de condutor.

Forma parte das unidades básicas no Sistema Internacional de Unidades,[2] e debe o seu nome a André Marie Ampère

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ampere.
  2. Metrología: introducción, conceptos e instrumentos. Escrito por María Moro Piñeiro. Páxina 19.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in