Anco Marcio

Modelo:BiografíaAnco Marcio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Ancus Marcius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento675 a. C. Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte616 a. C. Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Rei de Roma
640 a. C. – 616 a. C.
← Tulio HostilioLucio Tarquinio Prisco → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPrimeiro Reino Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisNuma Marcius Editar o valor en Wikidata  e Pompilia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Reis de Roma
Rei Período de reinado
Rómulo -753 --716
Numa Pompilio -715--674
Tulio Hostilio -673--642
Anco Marcio -642--617
Tarquinio Prisco -616--579
Servio Tulio -578--535
Tarquinio o Soberbio -535--510

Anco Marcio (642-617 a.C.) foi o cuarto rei da Roma primitiva, sucesor de Tulo Hostilio e predecesor de Lucio Tarquinio Prisco.

Tras a misteriosa morte de Tulio, os romanos elixiron a Anco Marcio, un personaxe pacífico e relixioso, para que os gobernase como novo rei. Era neto de Numa Pompilio e, como o seu avó, apenas estendeu os límites de Roma, loitando tan só en defensa dos territorios romanos cando foi preciso. Foi quen construíu a primeira prisión romana no outeiro do Capitolio.

Durante o seu reinado se fortificou o Xanículo, na ribeira occidental do río Tíber, para así fornecer maior protección á cidade por ese flanco, construíndose tamén a primeira ponte sobre o río. Outras das obras do rei foi a construción do porto romano de Ostia na costa do Tirreno, así como as primeiras factorías de salgado. O tamaño da cidade incrementouse grazas á diplomacia exercida por Anco, que permitiu a unión pacífica de varias aldeas menores en alianza con Roma. Grazas a este método, conseguiu o control dos latinos, realoxándoos no Aventino, e consolidando así a clase plebea de Roma.

Tras 25 anos de reinado morreu posiblemente de morte natural, coma o seu avó, sendo lembrado como un dos grandes pontífices de Roma. Foi o último dos reis latino-sabinos de Roma.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in