Andaman e Nicobar

Modelo:Xeografía políticaAndaman e Nicobar
अंडमान और निकोबार द्वीप (hi)
அந்தமான் (ta) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°41′N 92°43′L / 11.68, 92.72
PaísIndia Editar o valor en Wikidata
CapitalPort Blair (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación356.152 (2005) Editar o valor en Wikidata (43,18 hab./km²)
Lingua oficiallingua hindi
Lingua támil
Linguas nicobáricas Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie8.249 km² Editar o valor en Wikidata
Creación1 de novembro de 1956 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2IN-AN Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webandaman.gov.in Editar o valor en Wikidata

As Illas de Andaman e Nicobar[1] (támil: அந்தமான் நிகோபார் தீவுகள், hindi: अंडमान और निकोबार द्वीप) forman parte dos territorios da Unión da India. Comprenden 572 illas das cales 37 están habitadas, son un grupo de illas na confluencia da baía de Bengala e o Mar de Andaman.[2]

O territorio está a uns 150 km. ao norte de Aceh en Indonesia e separado de Tailandia e Myanmar polo Mar de Andamán. Comprende dous grupos de illas, as Illas Andaman (en parte) e as Illas Nicobar, separadas polos 150 km de ancho da Canle Ten Degree (no paralelo 10° N), cos andamanos ao norte desta latitude, e os nicobares ao sur (a 179 km). O mar de Andaman atópase ao leste e a baía de Bengala ao oeste.

A capital do territorio é a cidade de Port Blair. A superficie total das illas é de aproximadamente 8 249 km2 (3 185 sq mi). O territorio divídese en tres distritos: Distrito de Nicobar con Car Nicobar como capital, distrito de Andaman do sur con Port Blair como capital e distrito de Andaman do norte e central con Mayabunder como capital.

As illas acollen o Comando de Andaman e Nicobar, o único comando xeográfico de tres servizos das Forzas Armadas Indias.

Nas Illas Andaman vive o pobo sentinelés, un pobo illado. Os sentineleses poden ser as únicas persoas actualmente coñecidas que non alcanzaron máis ala dun nivel de tecnoloxia do paleolítico,[3] con todo, isto discútese, xa que se atoparon indicios de traballo de metal na súa illa.[4]

  1. Definición de andamanés, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Sawhney, Pravin (30 de xaneiro de 2019). "Unha torre de vixilancia en alta mar". The Tribune. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  3. "Andaman Nicobar Administration". and.nic.in. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  4. Pandit, T. N. (1990). The Sentinelese. Calcuta: Seagull Books. pp. 17-20. ISBN 978-81-7046-081-7. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in