Anorexia nerviosa | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
"Miss A—" en 1866 e en 1870 após o tratamento. Un dos primeiros casos de anorexia nerviosa estudados. | |
ICD-10 | F50.0-F50.1 |
ICD-9 | 307.1 |
OMIM | 606788 |
DiseasesDB | 749 |
MedlinePlus | 000362 |
eMedicine | med/144 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A anorexia nerviosa é un trastorno alimentario caracterizado por unha dieta ríxida e insuficiente e o rexeitamento persistente a comer. Quen a padece non come, come pouco ou só aquilo que achega menos calorías, fai exercicio e, en xeral, vive pendente -practicamente de forma exclusiva- de evitar a inxestión de alimentos. O termo popularizouno a doutora Hilde Bruch[1] nas súas obras de divulgación Eating Disorders: Obesity, Anorexia Nervosa, and the Person Within (1973) e The Golden Cage: the Enigma of Anorexia Nervosa (1978).
Nas sociedades occidentais avanzadas actuais a anorexia dáse nun nivel preocupante. A súa aparición está vinculada á valoración social que premia as formas delgadas. Unha porcentaxe elevada dos mozos ten nalgún momento da súa adolescencia signos semellantes á anorexia psíquica, aínda que só uns poucos chegan a presentar a sintomatoloxía clínica deste trastorno.
Unha persoa con anorexia nerviosa chámase anoréxica. Unha persoa anoréxica pode ser tamén bulímica.