Antena 3 | |
---|---|
Inicio das emisións | 25 de xaneiro de 1990 |
Propiedade de | Atresmedia Televisión |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 14,2% (setembro de 2021, Kantar Media) |
Slogan | La tele abierta |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Escala nacional |
Sede central | San Sebastián de los Reyes |
Canle/s irmá(s) | laSexta Neox Nova Nitro(Desaparecida) Xplora(Desaparecida) laSexta3(Desaparecida) Antena 3 HD laSexta HD |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 69 |
Satélite | |
Digital+ | Dial 13 |
Cable | |
ONO | Dial 3 |
R | Dial 113 |
Euskaltel | Dial 3 |
Telecable | Dial 3 |
IPTV | |
Imagenio | Dial 3 |
Orange TV | Dial 3 |
Jazztelia TV | Dial 3 |
Televisión por Internet | |
En directo | En directo |
Na rede
| |
Páxina web de Antena 3 | |
Antena 3 é unha canle de televisión xeralista privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel.
O 25 de decembro de 1989 iniciou as súas emisións en probas, sendo a primeira cadea privada en emitir para toda España. As súas emisións regulares en analóxico comezaron o 25 de xaneiro de 1990, cun programa presentado polo xornalista Miguel Ángel Nieto.
Pola canle pasaron importantes presentadores e xornalistas como Jesús Hermida, Mercedes Milá, Jesús Vázquez, Constantino Romero, Paula Vázquez, José María Carrascal, Alfonso Arús, Ana Rosa Quintana, Silvia Jato, Olga Viza, Montserrat Domínguez, Alicia Senovilla, Carlos Sobera, María Teresa Campos ou Andreu Buenafuente.
Os seus estudos centrais están situados en San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid.