Tipo | grupo de illas | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Antillas | ||||
Situado na entidade xeográfica | Antillas e Caribe | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 3.087 m | ||||
Superficie | 207.411 km² | ||||
As Antillas Maiores ou Grandes Antillas son un grupo de illas no mar Caribe localizadas ao leste do Iucatán (México) e sueste da Florida (Estados Unidos) e ao oeste das Antillas Menores ou Pequenas Antillas. O grupo está composto polas illas de Cuba, Xamaica, A Española ou Haití (República Dominicana e Haití) e Porto Rico. As Bahamas, aínda que veciñas, non integran esta unidade xeográfica.
As Grandes Antillas descansan sobre un macizo submarino común e están atravesadas por unha cadea abrupta e elevada de montañas, cuxos picos máis altos oscilan entre dous e tres mil metros que culminan na Española (no Pico Duarte con 3.087 m) e declina, a ambos os dous lados, en Cuba, Xamaica e Porto Rico. Esas montañas están compostas de pedra calcaria, con afloramento doutras rocas, todas elas moito máis antigas cás de orixe eruptivo das Pequenas Antillas e sen pegadas de actividade volcánica recente. As Bahamas, pola contra, son illas de orixe coralino. Antigamente as Bahamas nin sequera se consideraban como parte das Antillas, aínda que na actualidade se engloban como un terceiro grupo dentro delas (Grandes Antillas, Pequenas Antillas e as Bahamas).