Antonio Gramsci

Modelo:BiografíaAntonio Gramsci

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Ales, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de abril de 1937 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio protestante Editar o valor en Wikidata
Deputado do Reino de Italia
24 de maio de 1924 – 21 de xaneiro de 1929
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Ideoloxía políticaMarxismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín - filoloxía
Lc G.M.Dettori-Cagliari (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, política, xornalismo de opinión, literatura, economía, crítica literaria e crítica de teatro Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Palazzo Montecitorio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, crítico literario, historiador, sociólogo, xornalista de opinión, economista, xornalista, escritor, político, crítico de teatro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Italiano Editar o valor en Wikidata
MovementoFilosofía continental, marxismo ocidental (pt) Traducir, neomarxismo (pt) Traducir e Humanismo marxista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJulia Schucht Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) Traducir, (sec:Gramsci, Antonio (1891-1937), p.568-572)
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Грамши Антонио)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3236374 BNE: XX1163536 iTunes: 458358760 Discogs: 1031920 WikiTree: Gramsci-1 Find a Grave: 10982726 Editar o valor en Wikidata

Antonio Gramsci, nado en Ales (Sardeña) o 22 de xaneiro de 1891 e finado en Roma o 27 de abril de 1937, foi un político, periodista, pedagogo, filósofo e teórico marxista italiano. Foi un dos fundadores do Partido Comunista Italiano, e do que foi secretario xeral, e estivo preso polo réxime fascista de Benito Mussolini.[1]

Durante o encarceramento, escribiu 30 cadernos e 3 000 páxinas que conforman os seus Quaderni del carcere. Estes están considerados unha gran contribución á teoría política do século XX, abarcando unha ampla temática (historia e nacionalismo de Italia, Revolución Francesa, fascismo, fordismo, sociedade civil, folclore, relixión e cultura). Isto débese a que tivo influencias de distintas correntes, non só marxistas, tales como Niccolò Machiavelli, Vilfredo Pareto, Georges Sorel e Benedetto Croce.

Gramsci é coñecido pola súa teoría da hexemonía cultural, que explica como o aparello do estado e a clase capitalista gobernante (a burguesía) empregan as institucións culturais para manter o poder en dita sociedade. Dende o seu punto de vista, a burguesía desenvolve unha cultura hexemónica empregando a ideoloxía en lugar da violencia, a forza económica ou a coerción. Esta propaga os seus propios valores e normas, que se tornan no "sentido común", mantendo así o statu quo. Polo tanto, o poder hexemónico é usado para manter o consentimento da orde capitalista antes de acudir ao poder coercitivo. Esta hexemonía cultural é producida e reproducida pola clase dominante mediante as institucións que conforman a superestrutura.

  1. Monasta, Attilio (2017-04-24). "Documento biográfico" (PDF). Perspectivas: revista trimestral de educación comparada (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2017. Consultado o 07 de maio de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in