Un apartamento[1], tamén chamado departamento[2], ou piso[3] é unha unidade de vivenda que comprende unha ou máis habitacións deseñadas para proporcionar instalacións completas para un individuo ou unha pequena familia. A principal diferenza existente entre este tipo de vivendas e outras, como casas unifamiliares, casaríos etc., é a superficie que ocupa, normalmente menor que as anteriores, e o seu posible uso, moitas veces de vacacións ou temporal.
Un edificio de apartamentos é unha solución económica, que se realiza mediante o aproveitamento en común de zonas de circulación, tanto verticais como horizontais. Tamén se verifica esta economía nas instalacións complementarias de auga, drenaxe e luz eléctrica. A estrutura, con elementos comúns, supón outra economía. Pode tamén obterse mellor servizo e economía, mediante caldeiras, incinerador, etc. A solución colectiva dun edificio de apartamentos permite ter outros elementos comúns, como cocheiras, cuartos de servizo, lavadoiros, tendedeiras, espazos para xogos de nenos etc.