Apeninos

Modelo:Xeografía físicaApeninos
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Parte decinturón alpino Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°16′54″N 12°34′55″L / 43.28167, 12.58194
Características
Altitude2.912 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións250 (ancho) × 1.200 (lonxitude) km
Punto máis altoCorno Grande (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.912 m Editar o valor en Wikidata )
BNE: XX5287711

Os Montes Apeninos (Appennini, en italiano) percorren 1.000 quilómetros do norte ao sur de Italia ao longo da súa costa leste, formando o eixo principal da península italiana ou apenina. As montañas están maioritariamente cubertas de bosques, aínda que unha cara do pico máis alto, no Gran Sasso d'Italia, de 2.914 metros, está parcialmente cuberta na súa cara norte polo que é o glaciar máis meridional de Europa desde que se derreteu o glaciar do Veleta, en Serra Nevada, a primeiros de século XX. As ladeiras orientais que miran ao mar Adriático son escarpadas mentres a zona occidental termina en chairas onde están situadas a maioría das cidades históricas italianas.

Durante a segunda guerra mundial os alemáns usaron os Apeninos como barreira defensiva, denominándoa a Liña Gótica. Foi atacada sen éxito en setembro de 1944.

Na Lúa, danlle nome aos Montes Apenninus, preto do Mare Imbrium, é unha elevación montañosa próxima ao lugar de aluaxe da misión Apollo 15.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in