Araceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inflorescencia de Xanthosoma roseum | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
xéneros | |||||||||||
Ver texto. |
As aráceas (Araceae) son unha familia de plantas monocotiledóneas herbáceas que comprende uns 104 xéneros e máis de 3.000 especies, fáciles de distinguir pola súa inflorescencia característica. Entre as aráceas atópanse os coñecidos Anthurium, Zantedeschia e Philodendron. Hoxe en día tamén están aniñadas nas aráceas as lentellas de auga (Lemna e afíns). A familia é utilizada por sistemas de clasificación modernos como o sistema APG II (2003) e o APWeb (2001 en diante).
Son plantas monocotiledóneas herbáceas, ás veces arborescentes ou como lianas (salvo en Lemnoideae, onde o corpo vexetativo é reducido e globoso a taloide). Follas simples, enteiras ou lobuladas, en ocasións fenestradas (co limbo furado), a miúdo grandes. O que comunmente se cre que é a flor é en realidade a inflorescencia, as flores son pequenas, con perianto nulo ou con 4-8 pezas escamosas. Inflorescencias en espádice (espiga de eixo carnoso, rodeada por unha espata, que é a que adoita ser confundida co "pétalo" da flor). Froitos en baga.
Esta familia é máis diversa nas zonas tropicais do Novo Mundo, aínda que tamén están distribuídas polo Vello Mundo, en zonas cálidas.