Aranga | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Paio de Aranga. | |
Concello | Aranga[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°13′22″N 8°01′07″O / 43.2228, -8.0186 |
Área | 36,84 km² |
Poboación | 476 hab. (2018) |
Densidade | 12,92 hab./km² |
Entidades de poboación | 31[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Paio de Aranga[1] é unha parroquia que se localiza no centro-leste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 476 habitantes (250 homes e 226 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 643 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.[2]