O arcadochipriota (ou aqueo meridional) foi un dialecto do grego antigo falado en Arcadia (no Peloponeso central) e en Chipre aproximadamente entre os séculos -VII e -IV, ademais falábase en Panfilia, na costa anatólica veciña a Chipre. Descendía directamente do grego micénico e falouse nas áreas onde se reprochou a poboación micénica logo da invasión dórica. Os micénicos colonizaran Chipre cara ao -1100.
Tense coñecemento deste dialecto só a partir de inscricións. En Chipre escribiuse co silabario chipriota ata o século -III.
Mantivo moitas características do micénico que se perderon noutros dialectos clásicos (como o xónico ou o ático), por exemplo o son /w/, que se escribía coa letra arcaica digamma (Ϝ). Doutra banda, a letra arcaica san (Ϻ) mantívose en uso só en Arcadia ata o século -VI.
O dialecto panfilio presenta un aspecto estraño no conxunto dos dialectos gregos, con evolucións fonéticas propias.
Historia da lingua grega (ver tamén: alfabeto grego) |
Protogrego (c. –2000)
|
Micénico (c. -1600–-1100)
|
Grego antigo (c. –800–-300) Dialectos: Eolio, Arcadochipriota, Ático, Dórico, Macedonio, Xónico |
Koiné (desde c. -300)
|
Grego bizantino (c. -330–1453)
|
Grego moderno (desde 1453) Dialectos: Capadocio, Chipriota, Demótico, Griko, Katharevousa, Póntico, Tsakonio, Ievánico |