Area

Area do Deserto do Sáhara.

A area é unha substancia granulosa ou pulverulenta proveniente da descomposición das rochas, estando por tanto formada por un conxunto de partículas de rochas disgregadas.

En xeoloxía denomínase area ao material composto de partículas cuxo tamaño varía entre 0,063 e 2 mm. Unha partícula individual dentro deste rango é chamada gran de area. Unha rocha consolidada e composta por estas partículas denomínase arenita (Sin. psamita)

As partículas por baixo dos 0,063 mm e ata 0,004 mm denomínanse limo, e por riba da medida do gran de area e ata os 64 mm denomínanse grava.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in