Argos, Grecia

Modelo:Xeografía políticaArgos, Grecia
Imaxe

Localización
Mapa
 37°38′00″N 22°43′45″L / 37.6333, 22.7292Coordenadas: 37°38′00″N 22°43′45″L / 37.6333, 22.7292
EstadoGrecia
División administrativaDecentralized Administration of Peloponnese, Western Greece and the Ionian Islands (en) Traducir
PeriferiasPeriferia do Peloponeso
Unidades periféricasArgólida (pt) Traducir
ConcelloArgos-Mykines Municipality (en) Traducir
Unidade municipal da Grécia (pt) TraducirArgos Municipal Unit (en) Traducir
Commune of Greece (en) TraducirCommune of Argos, Argolida (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación8.966 (1861) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude30 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Argos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónPeter the Wonderworker (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal212 31 - 212 32 e 21200 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico2751 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Argos (en grego antigo Άργος) é unha cidade grega do Peloponeso, na prefectura de Argólida, situada preto da capital da prefectura, Nauplia, que é o seu porto histórico. Estaba a uns 5 km da costa e tiña unha cidadela chamada Larisa. Considérase como a máis antiga cidade de Grecia. A súa fundación data do 2000 a.C. No pasado foi unha cidade próspera, pero hoxe no seu lugar só existen ruínas, á beira da cidade moderna, duns 30.000 habitantes. A rexión de Argos chámase Argólida.

Segundo a mitoloxía grega foi o berce de moitos heroes que participaron na guerra de Troia.

Numerosos restos do pasado atraen aos turistas á cidade. Tamén son característicos os cultivos de cítricos, que arrodean a cidade e enchen o val en que se encontra.

A cidade moderna sitúase ao pé dun outeiro, e ten unha serie de edificios modernos dominados polo castelo de Larisa a 300 metros por encima. Deste castelo, (do século XIII), só perduran as súas paredes exteriores e a armazón dun torreón. Desde a súa altura aprécianse fermosas vistas da costa e da cidade no medio de extensos hortos de cítricos e oliveiras. Tamén no castelo hai un museo onde se exhiben cerámicas, armas, mosaicos e unha armadura de bronce do século VIII a.C.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy