Arles (fr) Arle (oc) ![]() | |||||||||||||||||||||
Localización | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
Estado | Francia | ||||||||||||||||||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||||||||||||||||||
Rexións | Provenza-Alpes-Costa Azul | ||||||||||||||||||||
Departamento | Bocas de Ródano ![]() | ||||||||||||||||||||
Capital de | Reino de Arles (pt) ![]() cantón de Arles-Ouest distrito de Arlés canton of Arles-Est (en) ![]() canton of Arles (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||
Poboación | 50.415 (2021) ![]() | ||||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua francesa ![]() | ||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921164 ![]() Q3550916 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Superficie | 758,93 km² ![]() | ||||||||||||||||||||
Bañado por | Río Ródano e Petit-Rhône (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Altitude | 0 m-57 m ![]() | ||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||
• Alcalde ![]() | Patrick de Carolis (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||
Código postal | 13200, 13104, 13123, 13129 e 13280 ![]() | ||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||
Irmandado con | York (pt) ![]() Wisbech (pt) ![]() Fulda (1964–) Verviers (pt) ![]() Vercelli (1970–) Pskov (1977–) Xerez da Fronteira (1981–) Sagne (en) ![]() Kálimnos - Κάλυμνος (2004–) ![]() | ||||||||||||||||||||
Páxina web | ville-arles.fr ![]() | ||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Arles ou Arle en occitano, latín: Arelate, é unha cidade costeira e unha municipio, subprefectura do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, na antiga provincia da Provenza, Francia.
Unha gran parte da Camarga, a maior zona húmida de Francia, está situada no territorio da comuna, polo que é a comuna máis grande da Francia metropolitana en canto ao territorio xeográfico. (Maripasoula, Güiana Francesa, é moito máis grande que Arlés). A cidade ten unha longa historia, e foi de considerable importancia na provincia romana da Gallia Narbonensis. Os Monumentos romanos e románicos de Arles catalogáronse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1981 polo seu testemuño da historia da rexión.[1]
Moitos artistas viviron e traballaron nesta zona debido á luz austral, incluíndo Pablo Picasso, Paul Gauguin, Jacques Réattu e Peter Brown.[2] O pintor holandés postimpresionista Vincent van Gogh viviu en Arles entre 1888 e 1889, e produciu máis de 300 cadros e debuxos durante a súa etapa alí. Estes atópanse en museos e coleccións privadas coñecidas internacionalmente de todo o mundo. Desde 1970 celébrase anualmente na cidade un festival internacional de fotografía.