Arma

Armas da Idade de Bronce.

Unha arma é unha ferramenta de agresión útil para a caza e a autodefensa, cando se usa contra animais, e pode ser utilizada contra seres humanos en tarefas de ataque, defensa e destrución de forzas ou instalacións inimigas, ou simplemente como unha efectiva ameaza. Unha arma é xa que logo un dispositivo que amplía a dirección e a magnitude dunha forza.[1] Segundo outra interpretación, poderían definirse como os dispositivos máis sinxelos que utilizan vantaxes mecánicas para multiplicar unha forza.[2] En ataque, as armas poden ser utilizadas como un instrumento de coacción, por contacto directo ou mediante uso de proxectís. Estas ferramentas, xa que logo, van desde algo tan sinxelo como un pau afiado a un complexo aglomerado de tecnoloxías, como un mísil balístico intercontinental. En sentido metafórico, calquera cousa capaz de causar un dano pode ser entendido como arma, e neste sentido interprétase o desenvolvemento da guerra psicolóxica durante as guerras do século xx. [Cómpre referencia] Máis recentemente, deseñáronse armas non letais, deseñadas para ser utilizadas por grupos paramilitares, forzas de seguridade ou ata tropas en combate, e cuxo obxectivo é provocar danos suficientes para neutralizar a un adversario sen causarlle a morte e minimizando o seu impacto sobre o medio ambiente.[3] Na práctica, enténdese que calquera elemento capaz de danar podería ser considerado arma, (aínda cando se esta non fora a súa principal función), dependendo das circunstancias e fins con que se utilicen. Criterio similar é utilizado na Ciencia do Dereito, onde o puño, pese a non ser a súa función inmediata a de danar, pode mesmo xulgarse como arma[Cómpre referencia] Con todo, segundo o dereito penal vixente en moitos países, un obxecto non pode ser considerado como arma se non foi creado coas funcións específicas de ataque ou defensa. Por exemplo, a lexislación española establece que:

Neste sentido, para que un obxecto poida ser reputado xuridicamente como "arma", ao momento da súa fabricación deberá ter como finalidade primordial a de ser utilizado como "arma", xa sexa de ataque ou defensa.[4]
Daga, espada e arma de fogo.
  1. AKSHOY, Paul e outros, Engineering Mechanics and Strength of Materials, Prentice Hall of India, 2005, páx. 215. (ISBN 8120326113), vid. tamén este enlace.
  2. ASIMOV, Isaac; Understanding Physics, Barnes & Noble, Nova York, 1988, páx. 88. Vid. a referencia online.
  3. Actas do Congreso dos Estados Unidos, páxs. 115-126.
  4. Véxase a xurisprudencia Arquivado 16 de decembro de 2012 en Wayback Machine. sobre este caso concreto, en www.derechopenalonline.com.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy