Arra, Sanxenxo

San Amaro de Arra
Vista xeral de Arra
ConcelloSanxenxo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°23′56″N 8°50′47″O / 42.398777777778, -8.8463055555556
Área1,4 km²
Poboación417 hab. (2016)
Densidade297,86 hab./km²
Entidades de poboación2[1]
editar datos en Wikidata ]

San Amaro de Arra é unha parroquia civil do concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 417 habitantes (207 mulleres e 210 homes), 39 máis ca en 2009 e 82 máis ca en 2000. Ten dúas entidades de poboación.

Como parroquia eclesiástica está incluída na de Santa María de Adina, da mesma maneira que Gondar o está na parroquia de Vilalonga. Por esta razón nin Arra nin Gondar aparecen na listaxe de parroquias da páxina web do concello de Sanxenxo[2].

Arra no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.

Linda ó norte e ó oeste coa parroquia de Noalla, ó sur co océano Atlántico e ó leste coa parroquia da Adina.

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. "Concello de Sanxenxo - Parroquias". www.sanxenxo.es. Consultado o 2022-03-22. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in