Arroz | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Oryza sativa' L. |
O arroz (ou arroz asiático) (Oryza sativa) é unha especie pertencente á familia das gramíneas (Poáceas), cuxo froito, o arroz é comestíbel e constitúe a base da dieta de case a metade da poboación mundial. O seu nutriente principal son os glícidos, aínda que tamén proporciona proteínas (7%), minerais e, en estado natural, bastantes vitaminas. É unha planta semiacuática de orixe asiática. O arroz fornece o 20 % de gran de cereais do mundo, sendo a cultura de colleita de maior importancia mundial.