Arsenal | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Arsenal Football Club | |||
Alcume(s) | Gunners | |||
Fundación | 1886 | |||
Estadio | Emirates Stadium, Londres, Inglaterra | |||
Inauguración | 22 de xullo de 2006 | |||
Capacidade | 60.355 | |||
Adestrador | Mikel Arteta | |||
Liga | Premier League | |||
2019–20 | 8º | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | Emirates | |||
Na rede | ||||
http://www.arsenal.com/ | ||||
| ||||
O Arsenal Football Club é un club de fútbol inglés da cidade de Londres. Fundado en 1886, xoga na Premier League, sendo un dos equipos con máis trofeos obtidos dese país. O Arsenal gañou trece ligas inglesas, dez Copas de Inglaterra e na tempada 2005-2006, chegaron á final da Liga de Campións da UEFA, onde foron derrotados polo FC Barcelona. O Arsenal tamén foi membro do extinto grupo G-14 e é coñecido co alcume de Gunners.
O Arsenal foi fundado en Woolwich, no sueste de Londres, en 1886, mais en 1913 movéronse cara a parte norte da cidade, en Highbury. En maio de 2006 deixaron Highbury para xogar os seus partidos de local no novo Emirates Stadium, en Islington. O Arsenal ten unha vella rivalidade cos seus veciños de Tottenham, o Tottenham Hotspur, a cal se denomina Derby do Norte de Londres.