Arte do Antigo Exipto

Unha das características do Antigo Exipto é a súa senlleira arte, con obras monumentais que xeralmente tiñan carácter simbólico, funerario ou relixioso.

Malia ser moderno o concepto de "arte", é perfectamente utilizable na arquitectura, escultura, pintura e xoiaría exipcias, xa que moitas das súas realizacións son auténticas obras de arte e non sinxelos traballos de artesanía.

Grazas ao seco clima de Exipto e ao ser soterradas pola area do deserto (ou polos seus propietarios, para gozar delas na "outra vida") chegaron ata o día de hoxe en aceptable estado de conservación multitude de auténticas obras de arte, a pesar da utilización dos monumentos como canteiras, as guerras ou os innumerables saqueos de tumbas e templos.

Paleta de Narmer Reprodución do Museo Real de Ontario

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy