Asasinato de John Lennon

Asasinato de John Lennon
Edificio Dakota lugar do asasinato.
LugarEdificio Dakota, Manhattan, Nova York, Estado de Nova York, Estados Unidos
Coordenadas40°46′36″N 73°58′35″O / 40.776555555556, -73.976333333333Coordenadas: 40°46′36″N 73°58′35″O / 40.776555555556, -73.976333333333
Branco(s)John Lennon
Data8 de decembro de 1980
10:50 p.m. (hora aproximada)
Tipo de ataqueAsasinato
Arma(s)Revólver .38 Special de Charter Arms.[1]
Mortos1
Feridos0
Perpetrador(es)Mark David Chapman
Motivodescoñecido
editar datos en Wikidata ]

O luns 8 de decembro de 1980, John Lennon foi asasinado de cinco disparos efectuados por parte de Mark David Chapman na entrada do edificio onde vivía, o edificio Dakota. Lennon acababa de regresar do Record Plant Studio coa súa esposa, Yoko Ono.

John Lennon foi un influyente músico británico de rock que adquiriu fama mundial por ser un dos membros fundadores da banda The Beatles, pola súa carreira como solista, e polo seu labor como activista político en contra das guerras. Foi declarado morto á súa chegada ao St. Luke's-Roosevelt Hospital Center, onde ademais sinalouse que ninguén podería vivir máis duns poucos minutos logo de sufrir tales lesións, pois perdera o 80% do seu volume sanguíneo. Pouco despois, nas estacións locais de noticias reportouse a morte de Lennon, polo que se congregou unha multitude no Roosevelt Hospital e en fronte do edificio Dakota.

Foi incinerado o 10 de decembro de 1980, no Cemiterio Ferncliff de Hartsdale, Nova York; as cinzas foron entregadas a Ono, quen decidiu non realizar un funeral por el, aínda que se realizaron varias homenaxes e tributos no seu honor.

  1. "Police Trace Tangled Path Leading To Lennon's Slaying at the Dakota". elvispelvis.com. decembro de 1980. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2014. Consultado o 21 de maio do 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy