Tipo | cidade romana Mansio (pt) | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | Roma Antiga | ||
Historia | |||
Período de tempo | Imperio Romano | ||
Aseconia, Asseconia ou Assegonia era unha mansión viaria romana pertencente a vía XIX que ía de Bracara Augusta (Braga) ata Asturica Augusta (Astorga).
Segundo o Itinerario de Antonino, Aseconia, estaría situada entre Iria (Iria Flavia), a 12 millas, e Brevis (Castrofeito), a 22 millas.[1] Téndese a identificar os restos do poboado romano que existía sobre o territorio no que posteriormente se construíu a Catedral de Santiago de Compostela como Aseconia.