Asemblea de Melilla

Asemblea de Melilla
TipoParlamento autonómico
PaísEspaña
Na rede
http://www.melilla.es/melillaPortal/contenedor.jsp?seccion=distribuidor_menus.jsp&language=es&codResi=1&codMenuPN=600&codMenu=231&layout=contenedor.jsp&layout=contenedor.jsp
editar datos en Wikidata ]

A Asemblea de Melilla (en castelán: Asamblea de Melilla) é o órgano representativo da cidade autónoma de Melilla, composta por vinte e cinco membros elixidos por sufraxio universal, libre, directo e segredo e que teñen tamén a condición de concelleiros ao asumir as funcións que as leis recoñecen á organización municipal. O Estatuto de Autonomía de Melilla, aprobado por Lei orgánica de 13 de marzo de 2005 ao amparo do artigo 144, b) da Constitución, atribúelle as funcións de elixir o Presidente da Cidade, que o é tamén da Asemblea, o control do Consello de Goberno, incluída a moción de censura ao Presidente e as facultades normativas propias para a súa organización. Como a outras comunidades autónomas recoñéceselle o dereito a presentar proxectos de lei ante o Congreso dos Deputados e a remitir ao mesmo proposicións de lei, pero non a potestade lexislativa.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in