Asexualidade

Triángulo AVEN, representativo da asexualidade.
Bandeira do Orgullo Asexual

A asexualidade é unha orientación sexual que describe os individuos que non experimentan atracción sexual[1][2] ou que non teñen interese ou desexo en practicar o sexo[3]. Ás veces, é considerada como unha carencia de orientación sexual[4]. Un estudo sitúa a asexualidade no 1%[5].

Os asexuais son persoas que non senten desexo polo pracer sexual; non senten atracción sexual cara a ningunha persoa que as rodea[6] e non encaixan dentro de ningunha orientación sexual definida porque non é habitual que adoiten namorarse nin teñan parella.[7]

Séntense a gusto en soidade e illándose da xente; con todo amósanse socialmente moi activos e cultivan un gran grupo de amigos que saiban comprendelos e apoialos. Os asexuais tenden a crear unha unión afectiva cara á súa parella (se a teñen), aínda que esta non implique o sexo polo medio.[8] Algúns asexuais ata se involucran sentimentalmente con outras persoas, malia que a barreira de amizade e relación non queda definida moi claramente e pode resultar ambigua.

  1. Bogaert, Anthony F. (2006). "Toward a conceptual understanding of asexuality" Arquivado 14 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. Review of General Psychology 10 (3): 241-250 Consultado o 31 de agosto de 2007.
  2. Westphal, Sylvia Pagan (2004). "Feature: Glad to be asexual". New Scientist. Consultado o 11 de novembro de 2007. 
  3. Dictionary.com , The American Heritage® Dictionary of the English Language, Fourth Edition: asexual: "Lacking interest in or desire for sex."
  4. Bogaert, Anthony F. (2004). " Asexuality: prevalence and associated factors in a national probability sample". Journal of Sex Research 41 (3): 281 Consultado o 31 de agosto de 2007.
  5. "Study: One in 100 adults asexual". CNN.com. Consultado o 11 de novembro de 2007. 
  6. Lucia F O'Sullivan Ph.D. (20 de xaneiro de 2018). "Asexuality Is a Lifelong Lack of Sexual Attraction". Psychology Today (en inglés). Consultado o 11 febreiro de 2018. 
  7. Olivia Blair (16 de febreiro de 2017). "'I've never felt romantic attraction': What it is like to identify as asexual". The Independent (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  8. "What It Feels Like To Be Asexual In A Sex-Obsessed World". Marie Claire UK (en inglés). 2 de marzo de 2015. Consultado o 2 de abril de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in