Asia

Modelo:Xeografía políticaAsia
Imaxe

Nomeado en referencia aAsia Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°40′52″N 87°19′52″L / 43.6811, 87.3311Coordenadas: 43°40′52″N 87°19′52″L / 43.6811, 87.3311
Poboación
Poboación4.164.252.000 (2011) Editar o valor em Wikidata (93,34 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie44.614.500 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoEverest (8.848,86 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Morto (−437 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.asia Editar o valor em Wikidata

BNE: XX450848

Asia (Gl-Asia.ogg pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que remonta á antigüidade clásica - na realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física.[1] Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

  1. AccessScience. "Asia" (en inglés). McGraw-Hill. Consultado o 2/11/2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy