Asiana Airlines | ||
---|---|---|
IATA OZ | OACI AAR | Indicativo ASIANA |
Fundación | 17 de febreiro de 1988 | |
Plan de voo frecuente | Asiana Club | |
Alianza | Star Alliance | |
Subsidiarias | Air Busan Asiana IDT | |
Frota | 80 | |
Destinos | 96 (incluída carga) | |
Holding | Kumho Asiana Group | |
Páxina web: http://flyasiana.com/ |
Asiana Airlines Inc. (hangul: 아시아나 항공; RR: Asiana Hanggong; antigamente Seoul Airlines) é unha das dúas maiores aeroliñas de Corea do Sur, xunto con Korean Air. Asiana ten a súa sede no Asiana Town en Osoe-dong, Gangseo-gu, Seúl. A compañía ten o seu centro de operacións doméstico no aeroporto internacional de Gimpo, e o centro de operacións internacional no aeroporto internacional de Incheon, a 70 quilómetros do centro de Seúl.
Asiana é membro da alianza Star Alliance e ofrece 516 voos diarios a Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía, operando 14 rutas domésticas e 85 internacionais de pasaxeiros e 20 de carga.