Asterales

A orde das Asterales reúne a plantas dicotiledóneas, incluíndo a familia Asteraceae, a que pertencen as margaridas ou os xirasois.

É unha orde cosmopolita, incluíndo diversas especies herbáceas, aínda que inclúe un pequeno número de árbores (Lobelia) e arbustos.

As Asterales poden ser caracterizadas a un nível morfolóxico e molecular. As sinapomorfías inclúen a utilización do oligosacárido inulina no almazenamento de nutrientes, e os estames apareceren densamente agregados en volta do carpelo ou mesmo fundidos nun tubo en torno do estilete.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy