Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Nome orixinal | (grc) Ἀθηνᾶ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Olimpo |
Residencia | Olimpo |
Actividade | |
Ocupación | deidade da guerra, deidade da sabedoría, deidade da arte, deidade da artesanía |
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Símbolo iconográfico | Casco, Éxida, Oliveira, gorgoneion e Curuxa |
Patrón de | Sabedoría, guerra, tecemento, Olaría e agricultura |
Familia | |
Fillos | Coribante, Hixía (mitoloxía) |
Pais | Zeus e Métis Coryphe |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) , (vol:1, sec:Афина), Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Atenea é a filla de Zeus e de Metis, chamada posteriormente polos romanos Minerva. É unha das seis deusas principais do panteón grego clásico. Deusa da sabedoría, gardiá da xustiza e das leis. Aínda que é unha deusa virxe actúa como nai adoptiva de heroes como Perseo e Teseo, e é adorada desde moi antigo como patroa de Atenas, onde se construíu o Partenón, o Erecteión e os Propileos para adorala. Nos mitos clásicos nunca tivo consorte ou amante, e por iso a miúdo era coñecida como Atenea Partenos ("virxe").
Represéntase coa armadura hoplítica, é dicir, coa lanza, o casco e a éxida (especie de coraza de pel de cabra). Na éxida hai representada a cabeza da gorgona Medusa, que lle dera Perseo. O seu nacemento foi accidentado, pois Zeus, tras deixar preñada a Metis, e para evitar os celos da súa esposa Hera, cómea. Co paso do tempo Zeus sofre unhas incribles dores de cabeza. Acode a Hefesto, quen lle abre a cabeza coas súas ferramentas de ferreiro, de onde nacerá Atenea, xa adulta e armada.