Atenea Partenos

Escultura votiva achada preto da escola Varvakeion, reflicte o tipo da restaurada Atenea Partenos: período romano, século II (Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas)

Atenea Partenos (en grego antigo Ἀθηνᾶ Παρθένος, literalmente Athena a Virxe) é o nome dunha enorme escultura criselefantina da deusa grega Atenea, obra de Fidias. Recibía o seu nome dun epíteto da propia deusa, e estaba aloxada no Partenón, na Acrópole de Atenas. Realizáronse diversas réplicas e obras inspiradas nela, tanto antigas como modernas.

Foi a imaxe de culto de máis soa na cidade de Atenas,[1] considerada un dos maiores logros do escultor máis aclamado da antiga Grecia. Fidias comezou a súa obra ao redor do ano 447 a.C,[2]Lacares retirou as láminas de ouro no 296 a.C. para pagar ás súas tropas, e o bronce foi probablemente dourado máis adiante. Resultou danada por un lume cara ao 165 a.C., mais foi amañada.[3] Continuaba estando no Partenón no século V, cando puido terse perdido noutro lume. Un relato menciónaa, porén, en Constantinopla no século X.[4]

A obra tivo un grande impacto entre os seus contemporáneos, ata o punto de que deu orixe a unha tradición de estatuas criselefantinas, na cal atópase comprometido de novo a Fidias, coa estatua de Zeus en Olimpia, e a outros escultores, nos santuarios dos séculos V e século IV a.C.

  1. A Atenea Partenos foi representada sobre relevos contemporáneos que conmemoraban tratados atenienses e durante o século IV apareceu en bastantes moedas de monarcas helenísticos degoirados por proclamar as súas conexións helénicas. Véxase Williams, Hector (1977). "An Athena Parthenos from Cilicia". Anatolian Studies 27: 108 y sig. 
  2. Andrew Stewart afirma que no 446 a.C.
  3. Dinsmoor, W. B. (1934). "The repair of the Athena Parthenos". American Journal of Archaeology 38: 93–106. 
  4. Gisela Richter, Sculpture and Sculptors of the Greeks, páx. 220 con antigas referencias, apuntado por Stevens, Gorham P. (xaneiro de 1961). "Concerning the Parthenos". Hesperia 30 (1): 2. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in