Atentado

Efectos dunha bomba contra o cuartel da Forza Aérea dos Estados Unidos en Ramstein (Alemaña). Atentado feito pola Fracción do Exército Vermello o 31 de agosto de 1981.

O atentado non ten un concepto moi sinxelo de dar: defínese como unha agresión ou desacato grave a autoridade, que tamén se considera coma unha ofensa a un principio de orde que se considera recto/a. Tamén é observado este concepto a través do dereito penal e do código civil coma unha agresión contra a vida ou a integridade física, psíquica e moral dunha persoa. Na actualidade téndese a espallar o termo ao delito que leva consigo a violencia e resistencia grave na contra das autoridades, axentes en servizo de funcións públicas (gardas, policías etc...), sen chegar a rebelión ou a sedición.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in