Atila

Modelo:BiografíaAtila

Retrato idealizado de Atila, por Eugène Delacroix (1843-47).
Biografía
Nacementoc. 395
Chairas danubianas
Morte453
Val do Tisza (Actual Hungría)
Rei dos hunos Imperio Huno
435 – 453
← Ruga (pt) TraducirElac, Dengizic, Ernakh → Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónLíder dos hunos
Carreira militar
ConflitoBatalla dos Campos Cataláunicos Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGran Khan Editar o valor en Wikidata
CónxuxeKreka
Ildico
Eskam's daughter Editar o valor en Wikidata
FillosDengizic
 ()
Elac
 () Kreka
Ernakh
 () Editar o valor en Wikidata
PaiMundíuco Editar o valor en Wikidata
IrmánsBleda Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20 de xuño de 451Batalla dos Campos Cataláunicos Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLiterary Encyclopedia 1929—1939 (en) Traducir,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX979135 WikiTree: TheHun-1 Find a Grave: 8193051 Editar o valor en Wikidata

Atila, nado cara ao 395 e finado no 453, foi o último e máis poderoso rei dos hunos. Gobernou o maior imperio europeo do seu tempo desde o 434 ata a súa morte. As súas posesións estendíanse desde Europa Central ata o Mar Negro, e desde o Danubio ata o Báltico. Durante o seu reinado foi un dos máis acérrimos inimigos dos Imperios romanos Oriental e Occidental: invadiu dúas veces os Balcáns, tomou a cidade de Roma e chegou a poñer sitio a Constantinopla na segunda das ocasións. Marchou a través de Francia ata chegar ata a Orleáns antes de que o obrigasen a retroceder na batalla dos Campos Cataláunicos (Châlons-sur-Marne), e logrou facer fuxir o emperador Valentiniano III da súa capital, Rávena, no 452.

Aínda que o seu imperio morreu con el e non deixou ningunha herdanza destacada, converteuse nunha figura lendaria da historia de Europa. En gran parte da Europa Occidental é recordado como o paradigma da crueldade e a rapina. Algúns historiadores, en cambio, retratárono como un rei grande e nobre, e tres sagas escandinavas inclúeno entre os seus personaxes principais.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy