Atlanta Hawks | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Leste |
División | Sueste |
Fundación | 1946 |
Historia | Buffalo Bisons 1946 Tri-Cities Blackhawks 1946–1951 Milwaukee Hawks 1951–1955 St. Louis Hawks 1955–1968 Atlanta Hawks 1968–presente |
Cores | Vermello, branco |
Retirados | 6 (9, 21, 23, 44, 55, 59) |
Localización | |
Cidade | Atlanta, Xeorxia |
Pavillón | State Farm Arena |
Capacidade | 18.118 espectadores |
Inauguración | 18 de setembro de 1999 |
Persoal | |
Propietario(s) | Tony Ressler |
Presidente | Travis Schlenk |
Director | Travis Schlenk |
Adestrador | Nate McMillan |
Títulos | |
Campión | 1 (1958) |
Conferencia | 0 |
División | 12 (1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1968, 1970, 1980, 1987, 1994, 2015, 2021) |
hawks.com |
Os Atlanta Hawks son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Atlanta, Xeorxia, que xoga na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xogan os seus encontros como local no State Farm Arena, situado no centro financeiro da cidade.
A súa orixe remóntase á fundación dos Tri-Cities Blackhawks en 1946, equipo membro da National Basketball League (NBL). En 1949 uníronse á National Basketball Association (NBA) como parte da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA). Tan só dous anos despois, a franquía trasládase a Milwaukee, onde cambiaron o seu nome ao actual "Hawks" (do inglés: falcóns). O equipo volta trasladarse de novo na mesma década, en 1955, a St. Louis. Alí gañan o seu primeiro título da NBA en 1958. Non sería até dez anos despois cando o equipo se traslada definitivamente a Atlanta.
Actualmente os Hawks posúen a segunda serie máis longa da NBA de anos consecutivos sen gañar un título da NBA, tan só por detrás dos Sacramento Kings. Todas as aparicións da franquía nas Finais da campetición tiveron lugar cando tiña a súa sede en St. Loius. Entrementres, desde 1967, non conseguiron nunca superar unha eliminatoria de play-offs en ningún tipo de formato. Gran parte do fracaso que do equipo nas fases eliminatorias ten que ver co seu pobre historial no Draft da NBA. Desde 1980, os Hawks tan só seleccionaron catro xogadores que co tempo serían escollidos para xogar no partido do All-Star: Doc Rivers, Kevin Willis, Al Horford e Jeff Teague. Dominique Wilkins, un dos mellores xogadores da historia do club, de feito non foi escollido polos de Atlanta, senón polos Utah Jazz.