Atol Palmyra

Palmyra
Mapa do Atol Palmyra
Datos
País Estados Unidos de América
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Non permanente
Superficie 3´9 km²
Superficie lagoa 8 km²
Nº de illas 50
Coordenadas 5°53′N 162°5′O / 5.883, -162.083
Maior Altura 4 m.
Localización
Localización do atol Palmyra

Palmyra é un atol deshabitado, de 12 km² de área, na parte central do océano Pacífico. É unha das Espóradas Ecuatoriais (ao sueste do Arrecife Kingman e ao norte de Kiribati), localizado case directamente ao sur das illas Hawaianas, aproximadamente na metade do percorrido entre Hawai e Samoa. Os seus 14,5 km de costa teñen un fondeadoiro coñecido como West Lagoon (Lagoa Occidental). O atol consiste nun extenso arrecife de coral, dúas lagoas, e uns cincuenta illotes de area, rochas, arrecifes e barreiras cubertos pola vexetación, composta por cocos, Scaevolas, e altas Pisonias.

Fóra das illas Sand, ao oeste, e Varren, ao leste, a maioría delas están conectadas entre si. A maior das illas é a illa Cooper, que está ao norte, seguida pola illa Kaula, situada ao sur. O arco de illotes máis setentrional está formado polas illas Strawn, Cooper, Aviation, Quail, e Whippoorwill, acompañados ao leste polas illas Eastern, Papala e Pelican, e ao sur polas illas Bird, Holei, Engineer, Marine, Kaula, Paradise e Home (sentido horario).

Palmyra é un territorio dependente dos Estados Unidos, o que significa que está suxeito a todas as normas contidas na Constitución estadounidense e está permanentemente baixo a súa soberanía. Tamén é un territorio desorganizado, xa que non hai ningúnha disposición do Congreso que especifique como debería ser gobernado. A única lei relevante simplemente dá ao Presidente a decisión de administrar a illa como el queira [1]. Non hai poboación indíxena nin razón ningunha para pensar que a haberá nun futuro. É polo tanto, actualmente, o único territorio estadounidense desorganizado e incorporado. A súa enteira propiedade está reservada á The Nature Conservancy, que trata o atol como unha reserva natural, sendo administrado dende Washington, D.C. pola Office of Insular Affairs, da United States Department of the Interior. As augas que o rodean, ata o límite de 12 millas, foron transferidas á United States Fish and Wildlife Service, e designadas como Palmyra Atoll National Wildlife Refuge en 2001. A defensa é responsabilidade dos Estados Unidos.

A día de hoxe, non hai ningunha actividade económica nas illas. Construíronse moitas estradas e calzadas durante a segunda guerra mundial, pero están nun estado deplorable e cubertas pola vexetación. Tamén hai unha pista de aviación de aproximadamente 2 km na illa, sen pavimentación e que necesita melloras.

  1. Sección 48 do Acto Universal Hawaiano, Lei Pública número 86–624, 12 de xullo de 1960, 74 Decreto 411, anexo ás previas seccións 491 a 636 do Título 48, Código estadounidense

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy