Augada

Pedro de Valpuesta, O sacrificio de Isaac, cara a 1656, debuxo a pluma e augada. The Art Institute of Chicago.

A augada[1] é unha técnica pictórica que consiste en mesturar distintas cantidades de auga ou alcol con diversas tintas. Permite a utilización dunha ampla gama cromática a partir dunha única cor de base (normalmente negro ou sepia, ou cores ocres e verdosos), mediante esfumados. Aplícase normalmente con pincel. A dificultade, e á vez a beleza, desta técnica, consiste en saber diluír correctamente a tinta e plasmar sobre o debuxo as distintas gamas, variando entre a luz intensa e a sombra total.

Tradicionalmente utilízanse cores de acuarela ou, como variante, tinta chinesa, aínda que esta resulta menos dúctil (produce saltos ou cortes no ton do degradado). Hai que empezar pintando o máis brillante e indo sucesivamente cara ao escuro, xa que as capas superpóñense unhas enriba doutras. Garda en común coa acuarela, ademais, o papel, que debe de ter o grosor suficiente para non cambarse.

A súa ampla utilización xorde na Idade Media, grazas á mellora de calidade de varios tipos de papel. Xa é mencionada por Cennino Cennini no seu tratado sobre pintura, datado no ano 1437.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para augada.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy