Augusto de Prima Porta

Augusto de Prima Porta
ArtistaDescoñecido
Data1434
TécnicaTallado
MovementoArte romana
Dimensións208 cm ×  cm
LocalizaciónMuseos Vaticanos (Roma)

Augusto de Prima Porta (en italiano: Augusto di Prima Porta) é unha escultura de vulto redondo en mármore que representa a Octavio o primeiro emperador do Imperio Romano. É unha estatua realizada en mármore de 2,08 metros de altura e 1000 kg de peso.

A estatua descubriuse o 20 de abril de 1863 durante unhas escavacións arqueolóxicas dirixidas por Giuseppe Gagliardi na denominada Vila de Livia, denominación das posesións de Livia Drusila -a terceira e derradeira esposa de Augusto- en Prima Porta, onde esta se retirou após a morte do seu marido no 14. A apareceu mencionada por vez primeira da man do arqueólogo alemán G. Henzen no Bulletino dell'Instituto di Corrispondenza Archaeologica (Roma 1863).[1]

Esculpida por expertos escultores gregos, suponse que a estatua foi unha copia dun orixinal de bronce exhibido en Roma e que está perdido. O Augusto de Prima Porta está agora exposto no Braccio Nuovo (Brazo Novo) dos Museos Vaticanos. Desde o seu descubrimento, converteuse no retrato de Augusto máis coñecido e nunha das esculturas máis famosas do mundo antigo.

  1. Inholt 1969, pp. 177–187

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in