Australia Meridional[1][2] ou Australia do Sur[3] (en inglés: South Australia) é un estado de Australia que se sitúa na parte central do sur do país. O estado esténdese por unha das partes máis áridas do continente, ten un total de 984.377 km², isto converte a Australia Meridional no cuarto dos estados e territorios en canto a extensión. O estado limita ao oeste con Australia Occidental, ao note co Territorio Norte e Queensland, ao leste con Queensland, Nova Gales do Sur e Victoria, no sur o estado está bañado polo Oceáno Antártico. Con 1,5 millóns de persoas, o estado ten menos do 10 por cento da poboación autraliana e atópase na 5ª posición dos estados e territorios. A maioría da poboación reside na capital do estado, Adelaida (coñecida como a cidade das igrexas), coa maioría da poboación restante distribuída nas áreas fértiles ao longo da costa sueste e na ribeira do Rio Murray.
A orixe de Australia Meridional é singular na historia do país xa que foi unha provincia británica de libre colonización. A colonización oficial comezou o 28 de decembro de 1836 cando se declarou o estado no The Old Gum Tree polo gobernador Hindmarsh. O xeito de colonizar esta parte de Australia fíxose seguindo unha teoría de Edward Gibbon Wakefield que máis tarde foi utilizada para colonizar Nova Zelandia. O obxectivo era establecer a provincia como un centro de civilización para inmigrantes libres, tería liberdades civís e tolerancia relixiosa. Aínda que a súa historia viuse marcada por dificultades económicas, Australia Meridional permaneceu sendo un estado con innovación política e cunha vida cultural vibrante. Hoxe en día, o estado é coñecido como o estado festivo e do bo viño.
A economía do estado céntrase no sector primario especialmente na agricultura, a industria, a industría mineira e o sector financeiro creceron significativamente.
Australia Meridional (Australia)